Obradoiro de Estimulación da Linguaxe

A adquisición da linguaxe é un aspecto moi importante dentro do desenvolvemento integral dos nenos máis pequenos, polo que estamos realizando un obradoiro de Estimulación da Linguaxe dirixido ao alumnado de 5º de Educación Infantil, co fin de previr e detectar posibles alteracións na linguaxe e estimular o desenvolvemento comunicativo a nivel de expresión e comprensión. De maneira totalmente lúdica aumentamos o ton e coordinación dos músculos da articulación e favorecemos unha correcta relaxación e respiración.