Intelixencias múltiples

Teoría desenvolvida por Howard Gardner (neuropsicólogo e educador da Universidade de Harvard) ,que recoñece que a brillantez académica non o é todo. Á hora de desenvolvernos na vida, non abonda con ter un bo expediente académico.

Estas intelixencias son fundamentais á hora de mellorar as competencias básicas presentes nos currículos educativos. A intelixencia emocional, é de gran importancia pois axuda a mellorar os vínculos coas persoas das que nos rodeamos. Hoxe en día trátase dun aspecto básico a desenvolver, xa que todo ámbito humano require  tratar con persoas. A súa correcta aprendizaxe é clave na nosa sociedade.

Consideramos básico o seu coñecemento, para formar parte da sociedade tanto do noso presente coma do noso futuro.

emocional