Somascos a guarda

Gabinete Psicolóxico

AUTONOMÍA NO ESTUDO

Unha das consultas máis frecuentes dos pais é a de como axudar aos fillos para estudar. En ocasións os nosos fillos reclámannos á hora do estudo chegando mesmo a ter que sentarnos con eles e dirixir o seu estudo.

Como parte do desenvolvemento dos nosos fillos o estudo debe converterse nun hábito e/ou rutina diaria na que nós podemos darlles algunhas pautas para que adquiran as destrezas necesarias para facelo correctamente ELES SÓS.

Pautas para lograr un bo hábito de estudo:

1º Planificación.

Deben ter un HORARIO DE ESTUDO SEMANAL no que aparezan todas as materias que teñen e o tempo que lle van dedicar o estudo. Tamén deben aparecer as actividades extraescolares e os períodos de descanso.

Entre materia e materia deben descansar uns cinco minutos e cada sesión ou período de estudo debe durar uns 30-40 minutos, dependendo da idade do alumno. Sempre empezarán a estudar polas materias que menos lles gusten e rematarán polas materias preferidas.

2º Método.

Existen diversos métodos de estudo , un dos máis sinxelos e o que adoito utilizar e ensinar é o MÉTODO PLEMA.

- Prelectura: Lectura rápida do texto

- Lectura comprensiva, lectura lenta. Nesta segunda lectura subliñaremos as palabras importantes do texto.

- Esquematización. Ordenar as ideas subliñadas.

- Memorización do esquema, non do texto.

- Autoavaliación. Neste momento os pais poden e deben axudar, ben de forma escrita ou oral podemos preguntarlles algunhas cuestións do estudado para que comproben se xa o saben correctamente.

OS ALUMNOS DOS PRIMEIROS CURSOS DE PRIMARIA NON TEÑEN AÍNDA AS HABILIDADES NECESARIAS PARA PODER SINTETIZAR E EXTRAER AS IDEAS PRINCIPAIS COMO O FARÍAN ALUMNOS MAIORES, POR ISO, en nenos pequenos, DEBEMOS CENTRARNOS NUNHA CORRECTA LECTURA E ESCRITURA.

3º Ambiente.

O lugar de estudo debe ser axeitado, sendo preferible que o alumno teña unha mesa e unha cadeira na súa habitación, libre de distraccións diante, cunha luz adecuada e sen ruídos.

4º Motivación.

Os pais debemos motivar aos nosos fillos explicándolles o fin dos estudos, poñendo exemplos sobre as cousas que estudan, con premios cando se conseguen as metas e valorando, SEMPRE, o esforzo dos nosos fillos ao estudar e traballar.

Aquí déixovos algunhas páxinas que podedes consultar sobre técnicas de estudo, con exercicios que se poden facer en casa e algúns dos cadernos que máis me gustan para traballar este tema.

http://ntic.educacion.es/w3/eos/MaterialesEducativos/mem2006/aprender_estudiar/index2.html

http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos%20Infinity/aplicaciones/aprender/default.htm

http://contenidos.educarex.es/mci/2004/11/index.htm

 

 

Localización

Pacífico Rodriguez, 6. CP: 36780, A Guarda, (Pontevedra)


Como chegar en transporte público:
Bus: Empresa ATSA (Vigo - A Guarda)

Contacta con nós

Contacta e solventa as dúbidas que teñas.

  •  telefono  Teléfono: 986 61 09 75 / (Fax) 986 61 09 03
  • mail icono 8727 96 Email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.