Somascos a guarda

Música

PROFESOR: Guillermo Treinta Gómez

INTRODUCIÓN:

¿Que aprendemos en clase de Música? 

Como é obvio, na clase de música aprendemos contidos musicais sobre diferentes e variados temas: xéneros musicais, historia da música, instrumentos, a voz, agrupacións musicais, elementos da música, o son, a música nos medios de comunicación, etc. que se traballan con todo tipo de materiais e actividades educativas.

Tamén aprendemos a tocar instrumentos musicais, levar o ritmo das cancións, entonar melodías, escoitar activamente audiciónss clásicas e actuais, analizar obras, etc. Outro aspecto importante é que a música ofrece aos alumnado novas vías de expresión e aprendizaxe, fomenta a creatividade e contribúe ao desenvolvemento das competencias básicas. Pero ademais... aprendemos matemáticas (duración dos sons, signos de prolongación etc), aprendemos física (a materia prima da música é o son e este provén dunha vibración. Isto fai que a música teña unhas características que dependen directamente de parámetros físicos: a frecuencia que determina a altura das notas, a amplitude que define a intensidade, a permanencia da vibración que determina a duración dos sons e a combinación dos harmónicos que definirá o timbre de cada instrumento.

Ademais, a música que percibimos pasa por un medio físico aire, auga, metal, etc. antes de chegar ao oído), aprendemos ciencias (fisioloxía e funcionamento do oído, aparato vogal, sistema respiratorio, aparato fonador...), aprendemos literatura e lingua (a música é unha linguaxe universal, ademais únese a música instrumental coa vogal), aprendemos xeografía (a música está presente en todos os lugares do mundo e a través do folclore e tradicións podemos realizar viaxes musicais), aprendemos historia (a música está presente en todas as épocas da historia da humanidade), aprendemos idiomas (tempo, dinámica, carácter… que se representan con palabras italianas e a través das cancións podemos traballar calquera idioma), aprendemos educación plástica e visual (un dos grandes obxectivos da música é que sexa descriptiva, ademais actualmente a música está ligada á imaxe e na clase podemos construír instrumentos), aprendemos educación física (expresión a través do movemento: danzas, percusión corporal etc), aprendemos tecnoloxía (hai programas e ferramentas 2.0 para crear materiais, escoitar música, podemos utilizar blogs, redes sociais etc.) Pero tamén aprendemos educación en valores, adquirimos destrezas...

MATERIAL:

Libro de música 3º ESO. Editorial Galinova

Caderno de Traballo 3º ESO. Editorial Galinova.

Frauta

HORARIO DE ATENCIÓN A PAIS, NAIS E/OU TITORES/AS:

Martes de 16h a 18h

ENLACES DE INTERESE:

http://www.youtube.com/watch?v=IXv2KjFEL7w

http://www.youtube.com/watch?v=aNWXcXA3Ngo