Somascos a guarda

Educación Secundaria

foto eso

A Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) é unha etapa educativa que completa a educación básica. Consta de catro cursos académicos que se realizarán ordinariamente entre os 12 e os 16 anos de idade.

Organízase de acordo cos principios da educación común e da atención á diversidade do alumnado. Presta especial atención á orientación educativa e profesional.

Ten como finalidade:

  • Lograr que todos adquiran os elementos básicos da cultura: humanísticos, artísticos, científicos e tecnolóxicos.
  • Desenvolver e consolidar hábitos de estudo e traballo.
  • Preparar para a incorporación aos estudos posteriores e para a súa inserción laboral.
  • Formar a todos para o exercicio dos seus dereitos e obrigas na vida como cidadáns.

Poderase repetir un máximo de dous cursos e permanecer no réxime ordinario ata os 18 anos de idade, cumpridos no ano no que finalice o curso.


As ensinanzas mínimas requerirán o 55% dos horarios escolares nas Comunidades Autónomas que teñan, xunto coa castelá, outra lingua propia cooficial e do 65% no caso daquelas que non a teñan.

As Administracións educativas competentes en cada Comunidade Autónoma establecen o currículo (o conxunto de obxectivos, competencias básicas, métodos pedagóxicos e criterios de avaliación) na Educación Secundaria Obrigatoria para o seu ámbito de xestión, do que formarán parte as ensinanzas mínimas.

Localización

Pacífico Rodriguez, 6. CP: 36780, A Guarda, (Pontevedra)


Como chegar en transporte público:
Bus: Empresa ATSA (Vigo - A Guarda)

Contacta con nós

Contacta e solventa as dúbidas que teñas.

  •  telefono  Teléfono: 986 61 09 75 / (Fax) 986 61 09 03
  • mail icono 8727 96 Email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.