Music 3º
Mestra: María Vicente Fernández
En primeiro lugar, cómpre dicir que buscamos fomentar o desexo de aprender, a ansia e a ledicia de coñecer, é dicir, motivar aos nenos e nenas na súa aprendizaxe e animarlles a seguires aprendendo. Para isto partiremos dos seus intereses, tendo en conta de onde parten e ata onde queremos que cheguen os seus coñecementos.
Por otra banda, cómpre afianzar as raíces dos alumnos provocando todo aquilo que inflúa na formación da súa propia identidade, presentando materiais cos que teñan que razoar, que fomenten o seu desenrolo intelectual e as súas capacidades cognitivas, pero tamén a súa imaxinación, a súa creatividade, a súa iniciativa e autonomía, e a súa intelixencia emocional.
Todos estes requisitos son imprescindibles para provocar que os nenos despreguen as súas propias ás e, nun futuro, poidan transformarse en cidadáns críticos e responsables, sen olvidares a importancia que ten o fomento dos valores para aprender a vivires xuntos desenrolando a empatía, realizando proxectos cooperativos para tratar de resolveres conflictos que xurdan, respectando o pluralismo e a comprensión mutua, así como aqueles que favorecen a propia personalidade e a responsabilidade individual.
Materiais:
- Libro do alumno
- CD do alumno
- Frauta
Horario de atención aos pais e nais:
- Martes de 16:00 a 18:00 (previa cita mediada a través do tutor)
Por último comunicar que a este centro otorgóuselle a sección bilingüe para a área de música nos cursos de 4º, 5º e 6º de Primaria, aparecendo publicada no DOG Núm. 193, mércores 9 de outubro de 2013.
Hoxe é entroido | O entroido das hortalizas | O entroido dos Somascos | |
Partituras | ![]() |
![]() |
![]() |
letras | ![]() |
![]() |
![]() |
Acompañamiento de piano | ![]() |
![]() |
![]() |
Enlace "Meu amigo fiz" | ![]() |
Enlace "El anillo del nibelungo" | ![]() |