Somascos a guarda

Educacion Primaria

primaria

A Educación primaria ten carácter obrigatorio e gratuito. Comprende tres ciclos de dous anos cada un; en total, seis cursos académicos, que se seguirán entre os seis e os doce anos de idade. Con carácter xeral, os alumnos e alumnas incorpóranse ao primeiro curso de Educación Primaria no ano natural no que cumplen seis anos.

A finalidade é proporcionar a todos os nenos e nenas unha educación común que faga posible a adquisición dos elementos básicos culturais, as aprendizaxes relativas á expresión oral, á lectura e o cálculo aritmético, así coma unha progresiva autonomía de acción no seu medio.

A Educación Primaria contribuirá a desenvolver no alumnado as seguintes capacidades:

  • Empregar de xeito apropiado a lingua castelá e galega.
  • Comprender e expresar mensaxes sinxelas nunha lingua estranxeira.
  • Aplicar as situacións da súa vida cotiá operacións sinxelas de cálculo e procedementos lóxicos elementais.
  • Adquirir as habilidades que permitan desenvolver con autonomía no ámbito familirar e doméstico, así coma nos grupos sociais cos que se relacionan.
  • Apreciar os valores básicos que rixen a vida e a convivencia humana e obrar de acordo con eles.
  • Empregar os diferentes medios de representación e expresión artística.
  • Coñecer as características fundamentais do seu medio, fisico, social e cultural e as posibilidades de acción no mesmo.
  • Valorar a hixiene e a saúde do seu propio corpo, así coma a conservación da natureza e do medio ambiente.
  • Empregar a Educación Física e o deporte para favorecer o desenvolvemento persoal.

A Educación primaria organízase en áreas cun carácter global e integrador e será impartida por mestres que terán competencia en todas as áreas deste nivel. A ensinanza da música, da educación física e dos idiomas estranxeiros serán impartidas por mestres coa especialización correspondente.

Localización

Pacífico Rodriguez, 6. CP: 36780, A Guarda, (Pontevedra)


Como chegar en transporte público:
Bus: Empresa ATSA (Vigo - A Guarda)

Contacta con nós

Contacta e solventa as dúbidas que teñas.

  •  telefono  Teléfono: 986 61 09 75 / (Fax) 986 61 09 03
  • mail icono 8727 96 Email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.