Somascos a guarda

Escola Infantil (2 anos)

A nosa aula de Educación Infantil é do primeiro ciclo (0-3 anos), na que hai 20 nenos de terceiro de E.I.

O persoal da escola infantil PP. Somascos son dúas educadoras; Ana Belén e Zaira María, que están ao coidado da orde, desenrolo, seguridade, entretemento, alimentación e aseo persoal dos nenos e nenas.

HADA COLORÍN en el proyecto educativoO NOSO PROXECTO EDUCATIVO

É un proxecto sólido con experiencia e innovador e que permite a construcción do aprendizaxe a través de actividades motivadoras e significativas , fomenta a curiosidade a través da experiencia enriquecedoras , potencia a capacidade de expresión a través dos d iferentes linguaxes, favorece o respeto e a convivencia pacífica a través do coñecemento, anima a participación da familia a través de estrategias creativas, promove o desenvolvemento integral en todas as súas facetas : cognitiva, lingüística, psicomotora , afectiva e social, e fortalece o traballo na aula porque as súas propostas naceron da escoita e da observación atenta das necesidades dos docentes.

O NOSO PERSONAXE: COLORÍN

A Fada Colorín. Colorín utilizará os seus poderes máxicos para espertar nos nenos a súa curiosidade e o desexo de aprender cousas novas. Con elas, comezarán o camino do descubrimento do mundo que lles rodea.

AVALIACIÓN

Consideramos a avaliación coma unha fase importante do proxecto educativo. Ao longo deste nivel debe ser vista coma un proceso continuado e sistemático que segue a evolución do neno, valorando día a día o seu ritmo de maduración e a adquisición de hábitos e aprendizaxes.

A avaliación debe servirnos para mellorar e adecuar a intervención pedagóxica ás necesidades de cada alumno. Por este motivo, deberá ir orientada a todos os elementos que constitúen o proceso de ensinanza-aprendizaxe (nenos, educadores, recursos, organización e metodoloxía ).

As características que deberán marcar o proceso de avaliación neste nivel son:

- Global, esta referida ao conxunto das capacidades expresadas nos obxectivos que nos propomos.

- Ser individual, de maneira que nos permita captar as diferenzas individuais e os distintos ritmos de desenvolvemento.

- Continua, o que nos posibilitará orientar e corrixir o proceso educativo de xeito regular.

Os instrumentos de avaliación inicial, unha serie de pautas de observación que servirán para coñecer o estado inicial do neno ao comezo do curso. Xunto a este instrumento de avaliación, están a entrevista inicial cos pais e a observación directa do neno durante os primeiros días.

Para a avaliación continua, rexistros por cada unha das unidades, tomando coma base os obxectivos didácticos propostos para cada unha de elas.

Para a avaliación final, o rexistro para avaliar individualmente a consecución das capacidades propostas para este nivel.

Avalíanse ademais a distribución e organización espacial e temporal, xa que son factores que inflúen no proceso de ensinanza-aprendizaxe e poden potenciar ou entorpecer a calidade do mesmo.

AS NOSAS NORMAS

PUNTUALIDADE NOS HORARIOS: Tráeme a miña hora, porque non me quero perder o saúdo inicial, e ademais se chego tarde ás actividades interrompemos o que se está a facer e non me decato de nada. Recólleme puntualmente, porque se non póñome nervioso e penso que non vas vir a buscarme.

ROUPA: Ponme roupa cómoda, que me cambian o cueiro a miúdo, temos que porllo sinxelo, porque se non ¡non rematan nunca! Ademais teño que aprender a vestirme soliño e axúdame a ir só ao aseo. Pon o meu nome a todas as miñas cousas, así poderei recuperalas se as perdo, ademais cóseme nos abrigos, chaquetas...unha cinta para poder colgar con facilidade a miña roupa na percha.¿Onde está o meu babi?¡Non vexas coma me poño pintando e comendo! Os venres facemos E.F. ponme chándal e tenis, e non podemos esquecernos de levar o mandilón para lavar.

OBXETOS PROHIBIDOS: Non debo traer ningún obxecto, xoguete ou alimento perigoso a clase que prexudique a miña seguridade ou a dos meus compañeiros.

HIXIENE:Debemos acudir ao cole limpos e aseados. Non se admiten chupetas por hixiene e ser foco de contaxios.

ENFERMIDADES: Cando estou maliño/a non o paso ben, quero quedar na casa, e se me poño maliño/a no cole ven axiña a buscarme. Non me dan medicamentos no cole e deberedes comunicar as miñas posibles enfermidades e alerxias.

CUEIROS E MUDA: Mentres non deixe os cueiros deberedes meter na mochila dous cueiros coma mínimo, toalliñas e cando xa non os empregue unha muda por se acaso.

MERENDA: Tomaremos a merenda pola mañá no patio as 11:00 (non pode ser iogur, bebibles ou froita), e se merendamos no cole pola tarde farémolo ás 17:00 e poderemos traer de todo, non se nos permite en ningún dos casos tomar chuches nin doces.

COLABORACIÓN: Cando pidan a colaboración dos pais, participa e se teño que traer algunha cousa a clase non te esquezas, quero participar en tódalas actividades. Se queres falar coa miña mestra, tes que pedir hora, porque, cando está con nós, non nos pode deixar soliños.

Localización

Pacífico Rodriguez, 6. CP: 36780, A Guarda, (Pontevedra)


Como chegar en transporte público:
Bus: Empresa ATSA (Vigo - A Guarda)

Contacta con nós

Contacta e solventa as dúbidas que teñas.

  •  telefono  Teléfono: 986 61 09 75 / (Fax) 986 61 09 03
  • mail icono 8727 96 Email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.