Somascos a guarda

Obradoiro CPR

CPR

O xoves 31 de maio os nosos alumnos/ as de 6º de primaria recibiron un obradoiropara traballar de maneira práctica a técnica da RCP (reanimación cardiopulmonar) que lles permitirá saber actuar ante posibles situacións de emerxencia. Estivo impartido por médicos voluntarios da asociación “ Escola Corazón” que no seu tempo libre ensinan aos máis novos a actuar ante unha posible parada cardiorespiratoria facendo fincapé nos catro pasos básicos a seguir: 1. Comprobar o nivel de consciencia ou se responde 2. Valorar si respira. 3. Chamar ao 112 e 4. Iniciar comprensións. Moitas grazas a Paula Fernández Varela, Montserrat Rodríguez Cabaleiro, Mayte Fernández Ozores e José García Fernández polo seu gran traballo.

Videos en secundaria

Os alumnos de secundaria realizaron varios proxectos en video:

3º ESO: Neste caso, traballamos as emocións. Cada grupo tiña que compoñer, en inglés,  a letra dunha canción, tomando como base unha melodía existente relacionada coa emoción que estivesen traballando.

4º ESO:
Videorrelato da emigracdión guardesa a América, dentro do proxecto de dinamización da biblioteca.
Trala charla, en coordinación co profesor de xeografía e historia, e os labores de documentación posteriores, chegou a hora de elaborar un vídeo explicativo do movemento migratorio guardés, que plasmaron deste xeito para as familias e cantas persoa accedan á nosa web.

 

Galician migration from Somascos a Guarda on Vimeo.

Migration from Somascos a Guarda on Vimeo.

A guarda migration from Somascos a Guarda on Vimeo.

Funny song from Somascos a Guarda on Vimeo.

A thousand years from Somascos a Guarda on Vimeo.

COÑECEDES A LAMPREA?

charla lamprea

O luns 9 de abril o alumnado de 6º de EPO participou na Casa dos Alonso nunha charla, xunto con outro colexio da vila, sobre a lamprea do río Miño.

A actividade constaba de dúas partes: una primeira, a proxección dunha reportaxe da súa pesca na desembocadura do Miño completada coa explicación dun pescador e dun biólogo.

Nesta parte, moi interesante foi a información que dous pescadores da contorna, que alí se atopaban, lles deron. Mostráronlles as artes de pesca empregadas, os libros de rexistro das capturas, as licencias, diferentes luces que indican que pescan nese momento, os equipos de protección obrigatorios,…, e outras curiosidades sobre a mesma.

Para que puideran coñecela, había una metida nunha peixeira. Un dos pescadores colleuna e nenos e nenas tiveron a ocasión de vela moi de cerca.

A segunda parte da actividade é a realización dun debuxo coa temática “Desembocadura do río Miño e a lamprea”. Serán expostos nos distintos restaurantes e cafeterías que participen nas xornadas gastronómicas da mesma .

”Carnaval Africano”

Profes negritos

O pasado xoves, 8 de febrero, celebramos o entroido, participando como xa vén sendo tradición, no popular desfile dos colexios.

Este curso a temática foi:”Carnaval Africano”, facendo “un guiño” a ese continente e máis aínda á ONGD Pro-Mozambique eixe do noso proxecto de centro, e coa que estamos a colaborar este ano a través de variadas actividades. Mirade que vistoso e colorido quedou.

Entroido patio

PROXECTO PRO – MOZAMBIQUE ONGD

Durante anos, o noso centro ten colaborado en campañas solidarias e proxectos de cooperación, no só porque estas actividades conectan con noso ideario, senón porque vemos un auténtico beneficio educativo nos alumnos que se implican.

Este proxecto Pro - Mozambique ONGD está baseado na aprendizaxe servizo, sistematizando as aprendizaxes e vinculándoas ao currículo de diferentes materias. Tamén ten como finalidade principal a transmisión de valores para lograr o crecemento persoal, social e comunitario de noso alumnado.

 

FOTO Anagrama MozambiqueAnagrama do Proxecto

Así o Lar S᷈᷈ao Jerônimo en Mozambique, convértese no centro do noso traballo, cuxo fin último é axudalos a través dunha campaña de colección de fondos transformada nun conxunto de actividades variadas.

Todo arrancou cunha presentación do Lar, a cargo de José Luís Montes Fernández, P. Provincial da congregación Somasca, na que aparecían outros Padres Somascos residentes alí ao lado dos nenos.

FOTO Padre Montes Infantil IMG 2212P. Montes presentando aos alumnos o Lar S᷈᷈ao Jerônimo en Mozambique

Tamén o Belén do P. Vidal transformouse este ano para formar parte do Proxecto, levando así, o nome de Belén mozambiqueño, e adoitando unas características totalmente diferentes ás tradicionais, xa que era una maqueta ou réplica do Lar S᷈᷈ao Jerônimo en Mozambique.

FOTO BELEN VIDAL 1El P. Vidal e o seu Belén mozambiqueño

Están en marcha outras actividades como A arte une mundos que consiste no deseño de pulseiras solidarias por parte dos alumnos e logo da elección das máis adecuadas, poranse á venta.

FOTO PULSERAS 2Pulseras deseñadas polos alumnos.

Ao longo do curso están programadas outras actividades como o Entroido Africano, un Multiconcerto solidario ou o obradoiro de teatro Somasquiños entre outras.