Somascos a guarda

Quen somos

Os CENTROS EDUCATIVOS SOMASCOS colaboran na tarefa educativa coas familias e a sociedade. Son centros da Igrexa Católica. Nela continúan o carisma de S. Xerome Emiliani (1486-1573), Pai dos orfos e Patrón da mocidade  desamparada. Caracterízanse principalmente por:

- Unha actidude de amor, entrega, respecto, motivada na dignidade da persoa

- Unha disposición de serenidade e optimismo, fundamentada na forza salvadora do espírito

- Un compromiso serio de traballo, que é a condición dunha existencia digna, soporte da perfección moral, preparación para un servizo útil á sociedade

- Vida de fe, como celebración da presenza de Deus e imitación da vida de Cristo.

 

Cada CENTRO EDUCATIVO SOMASCO constitúe unha COMUNIDADE EDUCATIVA.

Cada COMUNIDADE EDUCATIVA é FAMILIA.

- O ambiente é sinxelo e aberto;

- As relacións interpersoais aliméntanse de diálogo, comprensión, amabilidade, recíproca axuda;

- A primeira esixencia persoal é o cumprimento responsable das propias obrigas.

Os PP. SOMASCOS manifestan o propósito de que os seus CENTROS sexan efectivamente lugares privilexiados de desenvolvemento persoal, inspirado nos principios do humanismo cristián.

Os Centros Educativos Somascos son centros confesionais católicos inspirados no modelo educativo de S. Xerome Emiliani.

Pretendemos:

- Unha formación aberta á transcendencia, convencidos de que a relixión e a fe enriquecen á persoa. É por isto que o ensino da relixión católica forma parte imprescindible da nosa oferta educativa.

- Un ensino que sexa un diálogo entre a fe e a cultura.

- Un clima educativo que sexa impregnado pola vivencia cristiá.

- Unha serie de actividades de libre opción entre as que se inclúen a oración, a vida sacramental e a participación na pastoral educativa do centro.

- Unha actitude de amor, entrega e respecto.

Localización

Pacífico Rodriguez, 6. CP: 36780, A Guarda, (Pontevedra)


Como chegar en transporte público:
Bus: Empresa ATSA (Vigo - A Guarda)

Contacta con nós

Contacta e solventa as dúbidas que teñas.

  •  telefono  Teléfono: 986 61 09 75 / (Fax) 986 61 09 03
  • mail icono 8727 96 Email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.