Somascos a guarda

hector caravije2

O pasado luns, 5, tivemos ocasión de escoitar en primeira persoa a  Héctor Cajaraville, xornalista e galardoado autor de literatura infantil e xuvenil en galego. Compartiu con nós a súa experiencia destes últimos catro anos, nos que se deu a coñecer e se consagrou, todo á vez, como escritor colleitando prestixiosos premios como o Xerais ou o Raíña Lupa, entre outros. Ao mesmo tempo, falounos da súa obra máis recente, O segredo da casa de Formoso, editado por Santillana.

hector caravije