Somascos a guarda

galegas 17

O pasado 16 de maio celebramos o Día das Letras Galegas no colexio. O acto tivo lugar na capela que fora preparada previamente para a ocasión.

Alumnado de 4º ESO presentou o acto e repasou a vida e a obra do homenaxeado deste ano: Carlos Casares

Seguidamente, os alumnos e alumnas de 5ºEP puxeron en escena unha adaptación da obra do autor ourensán, A Galiña Azul.

Logo foron nomeados os alumnos e alumnas do centro que resultaron premiados pola Agrupación Cultural Guardesa e se lle entregaron os agasallos aos do certame literario e de debuxo Xosé Carlos Gómez Alfaro.

Rematamos a celebración cantando o himno galego, como ven sendo costume neste día.