Somascos a guarda

thumbnail DSCF0002 Maios 1

Esta primeira semana de maio os rapaces do noso colexio viñeron cargados de xestas, cocas ou carrabouxos, tullas e flores silvestres, para celebrar a festa dos Maios. A pesares de que a tradición dos maios na nosa zona consiste en enfeitar a noite do 30 de abril, con xesta, os coches e as portas das casas para empezar este mes protexidos dos malos espíritos, os nosos alumnos e alumnas quixeron sumarse ás festas doutros lugares de Galicia, elaborando auténticos maios.

A festa dos Maios é unha festa popular de orixes ancestrais, desde os celtas. Cos Maios celebramos a chegada da primavera, do bo tempo e do comezo do ano agrícola.

Esta celebración primaveral adóitase celebrar o 1º de maio, se ben en Ourense, faise tradicionalmente o día 3, día da Santa Cruz , que na tradición cristiá representa a árbore da que nos veñen a vida, a saúde e a resurrección.

Os "maios" foron pensados  para invocar o crecemento das plantas cultivadas e para protexelas de posibles ameazas naturais ou sobrenaturais.

En zonas como Ourense, Lugo, Pontevedra, Redondela e Cangas… a festa consiste en realizar representacións ao redor dunha árbore ou escultura, chamada maio

Grupos de xente cantan coplas populares (que tamén reciben a denominación de maios) mentres camiñan arredor da escultura, acompañados da percusión de dous paus.