Somascos a guarda

O día 27 de abril tivo lugar en toda España, unha vez máis,  a festa da Educación Musical, que consiste nunha xornada de concertos escolares na rúa. No caso do coro do colexio, saíron á Praza do Reló, onde cantaron as seguintes cancións: "A saia da Carolina", "Collín, collín, claveles e rosas", "Na beira do mar", ¿Que levas...?, "O paraugas do Xosé", "Somos ciudadanos de un mundo", "Carabú carabú", "Simama Ka".

 A Confederación de Asociacións de Educación Musical (COAEM) lanzou por segundo ano consecutivo esta convocatoria dirixida a todos os docentes e alumnos/as de Música de centros escolares de educación primaria, secundaria e bacharelato do estado español. As cifras de participación foron fenomenáis: entorno a 20.500 alumnos/as –máis do dobre que na convocatoria anterior-, pertenecentes a máis de 200 centros educativos repartidos pola xeografía española. 

 Os profesionais da Educación Musical lanzan esta iniciativa para difundir á sociedade en xeral o que se fai  nas aulas de música dos nosos colexios e institutos e así lograr unha maior sensibilización sobre a importancia da música nas nosas vidas e na educación. En definitiva, para que todos poidan ver, escoitar e disfrutar a música, en calquiera rúa ou praza dos nosos pobos e cidades.