Somascos a guarda

entroido 2016 17

Participación, xunto coa maior parte dos centros educativos da Guarda, no desfile de Entroido que transcorre polas rúas da vila. A actividade arranca coa elaboración de disfraces nas aulas para que cada nivel forme a súa comparsa, acompañada de música e cantigas propias desta celebración, en galego. Participan só as etapas de Infantil e Primaria.

O noso centro destaca sempre por fomentar as tradicións e costumes galegos mediante a elección de temas vencellados á nosa terra (temos elaborado xa disfraces de Sargadelos, de peliqueiros, de especies mariñas (coa presenza da langosta, produto do que se celebra unha festa gastronómica de renome na localidade), as aves, os xogos populares, etc. Nesta ocasión, o tema é ”a horta galega”