Somascos a guarda

FOTO Pergamiño Vindel

O pergamiño Vindel é un manuscrito único, é unha xoia literaria que data da segunda metade do século XIII e que contén sete cantigas de amigo do trobador Martín Codax. A chegada a Vigo deste pergamiño no ano 2017, procedente de Morgan Library & Museum de Nova York, é un dos fitos culturais máis importantes e transcendentais dos acontecidos en Galicia nos últimos tempos. Sae por primeira vez da cidade dos rañaceos para chegar a Galicia, ao territorio que serviu de inspiración para as súas palavras ou versos. A exposición está a ter lugar no Museo do Mar de Galicia, en Vigo, e os nosos alumnos de 3º de ESO, que están a estudar literatura medieval este curso escolar, teñen unha cita o 21 de febreiro para ver o tesouro e participarán nun obradoiro que terá como centro o pergamiño.

vindel